PADRE NUESTRO
Francisco Regueiro, 1985.
102´. Entrada gratuíta.
PADRE NUESTRO
(España, 1985)
Dirección: Francisco Regueiro. Guión: Ángel Fernández-Santos e Francisco Regueiro. Produción: Eduardo Ducay para Classic Films Production. Fotografía: Juan Amorós. Intérpretes: Fernando Rey, Paco Rabal, Victoria Abril. Duración: 102 minutos.
Cineasta excepcional na historia do cine español, Regueiro levaba dez anos sen facer cine —desde “Las bodas de Blanca” (1975)— cando retorna con esta excelente traxedia. Un vello cardeal español mantén un diálogo íntimo co Santo Padre, case unha confesión. Vai morrer en menos dun ano e quere arranxar varios asuntos de orde persoal. Volve á casa e inicia unha serie de reencontros, desde unha antiga moza, coa que tivo unha filla, agora prostituta, ata o seu bondadoso irmán, a nai e o home que casou coa moza. Un proxecto longamente madurado, preludio de “Diario de invierno” (1988), reforzado por un consistente reparto, completado por Emma Penella, Amelia de la Torre, Rafaela Aparicio, Lina Canalejas ou José Vivó.