LA NOCHE DEL TERROR CIEGO
Amando de Ossorio, 1971.
90´. Entrada gratuíta.
LA NOCHE DEL TERROR CIEGO (España-Portugal, 1971) Dirección e guión: Amando de Ossorio. Produción: Plata Films (España) e Interfilme (Portugal). Fotografía: Pablo Ripoll. Intérpretes: Lone Fleming, Helen Harp, José Thelman. Duración: 90 minutos. Coprodución con Portugal que constitúe unha das catro películas de terror que o coruñés Amando de Ossorio constrúe sobre os cabaleiros templarios, terribles mortos, zombis cegos e momificados que xorden da tumba para se vingaren dos seus asasinos. Enorme proxección internacional para un título que axudaría a converter ao director -sobre todo no estranxeiro- en autor de culto nos circuítos de cine fantástico e de terror.