EL HOMBRE QUE SE QUISO MATAR
Rafael Gil, 1942.
93´. Entrada gratuíta.
EL HOMBRE QUE SE QUISO MATAR
(España, 1942)
Dirección: Rafael Gil. Guión: Luis Lucia, sobre o conto homónimo de Wenceslao Fernández Flórez. Produción: CIFESA, UPCE. Fotografía: Isidoro Goldberger. Intérpretes: Antonio Casal, Rosita Yarza, Irene Mas. Duración: 93 minutos.
Federico Solá é un mozo brillante pero arquitecto sen futuro que malvive nunha pensión. Farto da súa vida, Federico fai o anuncio público do seu suicidio. Liberado das convencións sociais e con data de caducidade para a súa existencia, convértese nun crítico feroz da sociedade, atopando unha liberdade ata entón ausente. Gozosa asociación de realismo e fantasía, drama e comedia, en plena posguerra española redescubrimos esta ópera prima do hábil Rafael Gil, unha produción da mítica CIFESA que respecta o espírito da narración de Fernández Flórez.