CIRCUÍTO DE CINE INDEPENDENTE
Do 1 de marzo de 2014 ao 30 de abril de 2014
En colaboración con Tabakalera, Centro Niemeyer, Cineteca, MUSAC e Culturarts-IVAC Valencia.
CIRCUÍTO é unha rede de salas de exhibición en centros culturais públicos para atender a proxección de películas de calidade provenientes do circuíto internacional de festivais, mais que non contan con distribuidora en España. O programa, cuxa intención é presentar como media unha película ao mes, arrincou en cinco sedes e ten agora seis (o CGAI programa tamén estas películas en Ourense): Tabakalera (San Sebastián), MUSAC (León), Centro Cultural Niemeyer (Avilés), Cineteca (Madrid), Filmoteca de Culturarts-IVAC (Valencia) e CGAI-Filmoteca de Galicia (A Coruña). Nesta ocasión exhibimos o filme póstumo do gran creador chileno Raoul Ruíz, La noche de enfrente, e o filme do documentalista israelí Avi Mograbi, Once I Entered a Garden. Mograbi, voz crítica e enxeñosa da disidencia, é un habitual do CGAI, logo do ciclo que lle dedicaramos no 2007.