La noche de enfrente
Raoul Ruíz, 2012
112'. Vídeo. Subt. castelán.
LA NUIT D’EN FACE / LA NOCHE DE ENFRENTE
(Francia-Chile, 2012)
Dirección e guión: Raoul Ruiz. Produción: Margo Cinéma e Suricato. Fotografía: Inti Briones. Intérpretes: Valeria Sarmiento, Raoul Ruiz. Duración: 112 minutos.
A película póstuma do fecundo e xenial chileno exiliado en Francia, Raoul Ruíz, (1941-2011) é un conto das idades da vida. Tres períodos na vida dun home relacionados co mundo da imaxinación ou con personaxes históricos (como Beethoven), dan lugar a unha narración do seu gusto, unha singular mestura de elementos surreais e universos oníricos coa propia presenza da morte.