Los contrabandistas de Moonfleet
Moonfleet
Stewart Granger, George Sanders, Joan Greenwood, Viveca Lindfors, Jon Whiteley
- 84 min.
“Un filme que opera cun tento sobre o tema da transmisión, da paternidade. Los contrabandistas de Moonfleet conta a historia de John Mohune, un neno de dez ou once anos, que chega a Moonfleet cunha carta da nai morta en busca de Jeremy Fox, un amigo que pode coidar del. É a historia de como un cativo converte un adulto en pai. E de como o fillo constrúe a figura paterna. Nunha das primeiras escenas do filme, tras o encontro de John Mohune con Jeremy Fox, este presente que ese neno pode destruílo, é dicir, pode destruír todo aquilo que empeza a filiación, ou sexa a paternidade. É dicir, todo o que non pertenza ao guión que o neno roda. Nada poderá afastalo do seu guion de ferro.” (Daniel Domínguez)
-
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
Presentación do libro "Las costuras del guion. Textos de cine y vida"
Los contrabandistas de Moonfleet
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Presentación. Entrada de balde
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Los contrabandistas de Moonfleet
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.George Sanders en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
Los contrabandistas de Moonfleet
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.George Sanders en...
-
-
- Ano:1955
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jan Lustig, Margaret Fitts; J. Meade Falkner (novela)
- Fotografía: Robert H. Planck
- Montaxe: Albert Akst
- Produtora(s): Metro-Goldwyn-Mayer
En Nosferatu n° 20 «Secundarios y antagonistas del Hollywood Clásico»
Miguel Marías
Moonfleet resume na súa concisa metraxe a carreira múltiple e dilatada de Fritz Lang: en medio da serena sobriedade dos seus anos finais, rexurden nos súas imaxes o sentido épico, o impulso lexendario, a fantasia expresionista e a visión esixentemente romántica - forzosamente pesimista- do seu periodo mudo, pero agora dominados e controlados todos eses elementos pola sabidoria e o escepticismo, feito que explica a memorable ambiguedade do plano final da película, un dos máis fermosos e emocionalmente indelebles da historia do cine, e un dos poucos encadres da obra de Lang que ocupa case por enteiro -e precisamente na súa única experiencia co CinemaScope- o mar, ese incesante e implacable movemento acuoso que tanto sobrecollia ó corpulento torto vienés.