Una vida marcada
Cry of the City
Victor Mature, Richard Conte, Fred Clark, Shelley Winters, Debra Paget
- 96 minutos
Un thriller producido por Fox e rodado no Bronx de Nova York. A historia dunha persecución: o tenente Candella (Victor Mature no seu mellor papel) segue a un sagaz e inquietante delincuente, Martin Rome (Richard Conte), que acaba de asasinar un policía. Ambos manteñen unha curiosa relación, dado que foron veciños e compañeiros de xogos en Little Italy, o que dá lugar a un duelo psicolóxico de altura. Sobrepasando a dimensión documental e o ton neorrealista implícitos, o gran Robert Siodmak fabrica outro artiluxio de sombras e opacidade, outra peza de cine negro maxistral e milimétrica, moito menos coñecida que os outros títulos do ciclo deste mes de xaneiro.
-
O cine negro de Robert Siodmak
Una vida marcada
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde.
- Ano:1948
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Richard Murphy, coa colaboración de Ben Hecht; novela de Henry Edward Helseth
- Fotografía: Lloyd Ahern
- Montaxe: Harmon Jones
- Produtora(s): Twentieth Century Fox