Once I Entered a Garden
Avi Mograbi, 2013
97'. Vídeo. Subt. castelán.
PA’AM NICHNASTI LAGAN / ONCE I ENTERED A GARDEN
(Israel-Francia-Suíza, 2012)
Dirección: Avi Mograbi. Guión: Noam Inbar e Avi Mograbi. Produción: Les Films d’Ici, Dschoint Ventschr Filmproduktion e Avi Mograbi. Fotografía: Philippe Bellaiche. Duración: 97 minutos.
A obra radical, autoindagatoria e francamente divertida de Avi Mograbi (Tel Aviv, 1956) non ten fácil parangón no cine mundial, por mor da súa condición de reputado cineasta israelí crítico co seu país, moi capaz de expoñer as contradicións históricas da zona xeopolítica onde se desenvolve a súa existencia. Nesta ocasión, Mograbi amosa como, fronte á violencia actual, hai actitudes e houbo épocas en que as diferencias étnicas e relixiosas non provocaban escisións sociopolíticas e conflitos. Unha amizade e unha viaxe polo tempo entre Ali e Avi nunha obra cargada de sentido metafórico e cálida humanidade.