CINE POLACO CONTEMPORÁNEO
Do 1 de novembro de 2013 ao 21 de decembro de 2013
En colaboración co Instituto Polaco de Cultura.
Logo dunha etapa triunfal, fundamentalmente entre os anos 60 e 80, presidido por unha importante tradición e nomes tan significativos como Agnieszka Holland, Krzysztof Kieślowski, Roman Polański, Jerzy Skolimowski ou Andrzej Wajda, o cine polaco entra nunha sorte de longa travesía polo deserto que lle crea dificultades de achegamento ao público durante décadas. No ano 2005 a creación do Instituto Cinematográfico Polaco permite relanzar a produción nacional, de dez a máis de cincuenta títulos anuais, co que se capta de novo o interese do público e se pasa de menos de medio millón de espectadores nese ano 2005 a case dez millóns en 2010. A canda isto, por moitos festivais internacionais transitan filmes de novos directores como Wojciech Smarzowski, Tadeusz Król, Jan Kidawa Błoński, Robert Gliński ou Borys Lankosz.
Agradecementos: Iwona Zielinska.