Indeleble
Jacek Borcuch, 2013.
95'. Vídeo. Subt. castelán.
NIEULOTNE / INDELEBLE
(Polonia-España, 2013)
Dirección e guión: Jacek Borcuch. Produción: Espiral Producciones, Manana, Krakowskie Biuro Festiwalowe e Polski Instytut Sztuki Filmowej. Fotografía: Michal Englert. Intérpretes: Jakub Gierszal, Magdalena Berus. Duración: 95 minutos.
Coprodución hispano-polaca, que inclúe a colaboración especial de Ángela Molina e Juanjo Ballesta. A súa estrea mundial tivo lugar no Festival de Sundance, onde a película participou oficialmente no concurso World Cinema Competition e obtivo o premio á mellor fotografía. Historia de amor entre Michał e Karina, unha parella de estudantes polacos que se namoran durante a vendima en España. A súa fugaz e espontánea aventura amorosa vese interrompida por un acontecemento dramático que mudará as súas vidas para sempre.