Cine español: banda á parte (2)
Do 27 de decembro de 2016 ao 23 de febreiro de 2017
Xa organizado o pasado ano, o ciclo Banda á parte chega para ficar na programación do CGAI. Trátase de xuntar unha escolma heteroxénea dalgúns dos filmes españois máis vangardistas, feitos desde a máis absoluta independencia e liberdade artística. Unha serie diversa de títulos de expertos francotiradores, moitos adscritos ao que se vén dando en chamar o Otro Cine Español, que baixo preceptos estéticos de moda nos últimos debates fílmicos a nivel internacional, colocan España no mapa. Son a nosa xeración de ouro, o dream team do cinema español. Moitos deles visitarán a filmoteca para debateren co público as súas últimas obras.
La propera pell / La próxima piel
Isaki Lacuesta, Isa Campo (2016)
Esa sensación
Juan Cavestany, Julián Génisson, Pablo Hernando (2016)
La reconquista
Jonás Trueba, 2016
Berserker
Pablo Hernando, 2015
Dead Slow Ahead
Mauro Herce, 2015
Días color naranja
Pablo Llorca, 2016
La mort de Louis XIV
Albert Serra, 2016
Pozoamargo
Enrique Rivero, 2015