
La propera pell / La próxima piel
Isaki Lacuesta, Isa Campo (2016)
103'. DCP. Subt. Castelán
La propera pell / La próxima piel
(España, Suíza, 2016)
Dirección: Isaki Lacuesta, Isa Campo. Guión: Isa Campo, Isaki Lacuesta, Fran Araújo. Fotografía: Diego Dussuel. Intérpretes: Emma Suárez, Sergi López, Greta Fernández, Àlex Monner, Bruno Todeschini, Igor Szpakowski, Mikel Iglesias. Dur: 103'.
“A película fai pé nun tema antigo. Estamos perante o mito de Martin Guerre (Daniel Vigne levouno ao cinema en 1982), o home que logo de volver da guerra se fixo pasar por outro. E tanto empeño puxo no seu desexo de ser o que quería ser que cando, de súpeto, apareceu o auténtico, xa era imposíbel saber quen era o orixinal e quen a copia. Mais iso foi cousa do século XVI.
Lacuesta e Campo propoñen un caso similar na Cataluña de hoxe. Un rapaz (Álex Monner), desaparecido no monte, volve oito anos despois á casa convertido xa en adolescente. Asísteo un pasado de orfanatos. Agárdao, ademais de súa nai (unha vibrante Emma Suárez), un futuro estraño, por familiar e descoñecido á vez. A película resólvese enteira na interrogación. Que é certo e que falso? Cales das lembranzas do 'intruso' (no caso de selo) son propias e cales construídas pola necesidade? Que significa exactamente lembrar? Doutra forma: cantos dos nosos recordos nos fan ser o que somos?
É así. É así ata acadar a mesma estrutura dunha película que se sostén sobre unha intriga que aspira a abrir feridas máis profundas. Xa se dixo, a identidade, a memoria, o sentido mesmo da voz pertenza. Un paso máis aló, e pese ao lonxe que a película se quere dos traballos máis arriscados do director, a fita acaba por ser tamén unha posta en cuestión da textura máis elemental que a un tempo separa e tece a ficción co outro.
O resultado é un relato en permanente estado de febre afanado en imantar a ollada do espectador. Sempre pendente de atopar a creba en que a realidade se asoma ao oco do desexo. O dito, unha película coa pel doce e cambiante. É así”.
Luis Martínez, 'La duda a flor de piel', El Mundo.