Programa 7: Civilizations / Civilizacións
Jem Cohen
83´. Vídeo. Subtítulos en galego.
AMBER CITY
(Estados Unidos, 1999)
Dirección e fotografía: Jem Cohen. Produción: Ondavideo, Gravity Hill Productions. Duración: 48 minutos.
Retrato dunha cidade italiana non identificada feito por encargo. Mestura de narración en off que é unha colaxe de observación directa, textos literarios, feitos históricos, folclore do lugar e un chisco de imaxinación, é unha reflexión sobre a capacidade de estar no medio daqueles espazos urbanos cunha situación histórica e xeográfica que lle confire á realidade unha estraña invisibilidade. Premio en Locarno 1999.
NIGHT SCENE NEW YORK
(Estados Unidos, 2009)
Dirección e fotografía: Jem Cohen. Produción: Karin Chien e Jem Cohen. Duración: 10 minutos.
Encargo do Museum of Chinese in the Americas, contén imaxes capturadas ao azar do Barrio Chinés de Nova York. A deriva dun somnámbulo por unha das partes menos desdebuxadas da cidade.
BLOOD ORANGE SKY
(Estados Unidos, 1999)
Dirección e fotografía: Jem Cohen. Produción: Officine. Duración: 25 minutos.
Un retrato de Catania (Sicilia) realizado por encargo que explora a singularidade e cotianidade do lugar e, por suposto, recolle música de artistas locais.