¿Qué te dice esa naturaleza?
Geu jayeoni nege mworago hani / 그 자연이 네게 뭐라고 하니
- 108 min.
Dirixida, escrita, producida, fotografada e composta por Hong Sangsoo na súa faceta de home-orquestra do cine, ¿QUÉ TE DICE ESA NATURALEZA? segue ao mozo poeta Donghwa (Ha Seongguk), que visita por primeira vez a casa da familia da súa noiva Junhee (Kang Soyi), descubrindo que é máis grande e luxosa do que pensaba. Alí coñece os seus sogros e a súa cuñada, e acaban pasando o día xuntos, entre conversas, comida e bebida. Conforme flúe o alcol, irán xurdindo tensións e revelándose segredos.
Trailer
VO



