![Programa 6 Programa 6](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2949.png?itok=yvS2jUj0)
Programa 6
Larry Gottheim, (1987-1991)
92’. 16mm. Presentación Miguel García.
PROGRAMA 6: DESPOIS DAS IMAXES
(Estados Unidos, 1987-1991)
Dirección, produción e fotografía: Larry Gottheim. Duración: 76 minutos.
Inclué os traballos:
Mnemosyne Mother of Muses (1987). Duración: 16 minutos.
Machette Gillette...Mama (1989). Duración: 45 minutos.
Your Television Traveler (1991). Duración: 15 minutos.
Mnemosyne Mother of Muses Blues (1987). Duración: 16 minutos.
“Unha forma espellada nun contra-movemento, densa, cunha emoción -cargada de memoria-, un rápido chispear do dinamismo da imaxe e da imaxe pantasma, arremuiñando palabras e músicas resoantes, xustapoñendo algunhas perdas, pinceladas de meu pai, de Toscanini, The
Killers de Siodmak, ou Red Robin Diner… Parezo estar acelerándome” (Larry Gottheim).
Machette Gillette...Mama (1989). Duración: 45 minutos.
“Rápidas e disxuntivas imaxes e sons de aspectos da vida na República Dominicana –un filme que trata a propia representación, dentro do ritual, dentro do cine, dentro da historia, dentro da narración. O título é unha canción dominicana, baseada nunha canción haitiana, que se refire a un afiadísimo machete; é, por suposto, unha complexa metáfora dentro da cultura da que provén, pero tamén dentro da película, estendendo o meu antigo interese polos límites, os bordos, os horizontes, nun material dun interese documental. Foi parcialmente financiada mediante unha axuda da NYSCA. Exhibiuse no Festival de Cine de La Habana, no Festival de Cine de San Juan e no Festival de Oberhausen” (Larry Gottheim).
Your Television Traveler (1991). Duración: 15 minutos.
“A historia do espazo, o lugar do misterio, o misterio da pegada, o espazo da historia” (Larry Gottheim).