
Programa 5. FUEGO EN ESPAÑA
1937
58´. Entrada gratuíta.
FUEGO EN ESPAÑA
(España, 1937)
Produción: Hispano Film Argentina sobre materiais do Noticiario Nacional de Film Popular e Laya Films. Duración: 58’.
Filme de compilación realizado con noticias procedentes de “España al Día”, noticiario editado por “Film Popular”, produtora próxima ás posicións do Partido Comunista e Laya Films, firma dependente do Comisariado de Propaganda da Generalitat de Cataluña. Editaron, primeiro conxuntamente e logo por separado, este importante noticiario que consegue periodicidade semanal e distribución no estranxeiro co título de “Noticias de España”. As noticias seleccionadas dan unha panorámica da guerra vista desde o punto de vista republicano até outubro de 1937, rematando coa conquista de Belchite, presentada como o elo definitivo que provocará a derrota do inimigo.