Programa 4
Larry Gottheim, 1978
65'. 16mm. Presentación Miguel García.
PROGRAMA 4: AFINIDADES ELECTIVAS (III)
FOUR SHADOWS (ELECTIVE AFFINITIES, PART 3)
(Estados Unidos, 1978)
Dirección, produción e fotografía: Larry Gottheim. Duración: 65 minutos.
Como constelacións xirando en círculos, unha dobre cadea de catro segmentos de imaxes e catro segmentos de son rodéanse, pasando cada un xunto ao outro, en dezaseis combinacións –unha familia de monos xibóns, unha paisaxe acompasada, un diagrama en sombras tirado de Cézanne, unha escena urbana invernal, un texto de Wordsworth, unha escena climática dunha ópera de Debussy, Pelleas et Melisande… A maxestosa cerimonia pode xerar unha rica sensualidade de pracer cinemático así como un fluxo de conciencia de asociacións libres. Terceira película do ciclo Elective Affinities. Exhibida na Biennial Exhibition, no Whitney Museum of American Art, en 1978, ou no Festival Internacional de Cine de Berlín.