
Mati Manas
- 92 minutos
En 1985, o Festival da India encargou a Mani Kaul un filme sobre a arte da cerámica. A súa resposta foi Mati Manas, película onde interactúan diferentes niveis; por un lado, os estados mentais que conducen á fabricación das vasillas e figuras son trasladados ao cine como medio: acenos, olladas, posturas, movementos, cadencias, ritmos e rimas. Por outra banda, as contornas e as localizacións (paisaxes e museos) e os estados (de fascinación ou de hipnose) van dando forma ao que Kaul chamaba «a realidade non ficcional», onde se combinan os mitos vencellados á tradición do barro ou da terracota coa observación da vida, dos costumes e do traballo das diferentes comunidades de ceramistas.
-
A película embruxada. Mani Kaul e as figuras inconexas
Mati Manas
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Presentación (virtual) a cargo de Francisco Algarín. Entrada de balde.
- Ano:1985
- Países de produción: India
- Guión: Mani Kaul, Kanal Swaroop
- Fotografía: Venu
- Montaxe: Reena Mohan
- Produtora(s): Festival da India