Programa 1. O inicio da guerra en Cataluña e Aragón
90´. Entrada gratuíta.
Fracaso do levantamento militar en Barcelona e actividade das columnas anarquistas na fronte de Aragón ao comezo da guerra
Duración: 1h 29’45”.
Entre os días 17 e 20 de xullo de 1936 comeza o levantamento en distintas partes de España. En Barcelona sucede na noite do 18 ao 19 de xullo e é inmediatamente sufocado. Aproveitando o alzamento, os anarquistas propugnan a revolución como resposta, iniciando unha avanzada cara a Aragón e tomando o poder en Cataluña. As columnas anarquistas saen en dirección a Zaragoza, Huesca e Teruel, pero non acadan o seu obxectivo na primeira avanzada. Simultaneamente ao seu avance, os anarquistas van impoñendo a revolución social nas zonas conquistadas.
REPORTAJE DEL MOVIMIENTO REVOLUCIONARIO EN BARCELONA
(España, 1936)
Dirección: Mateo Santos. Produción: Oficina de Información y Propaganda de la CNT/FAI. Fotografía: Ricardo Alonso. Duración conservada: 20’51”.
Reportaxe incompleta dos sucesos ocorridos en Barcelona do 19 ao 23 de xullo. Imaxes do final da represión do levantamento militar acompañadas de barricadas nas rúas, cuarteis, conventos e edificios danados, así como presos liberados do cárcere Modelo. A CNT aparece controlando a situación e días máis tarde as columnas anarquistas, ao mando de Durruti e Pérez Farrás, saen cara a Aragón, desfilando polas avenidas principais da cidade.
LOS AGUILUCHOS DE LA FAI POR TIERRAS DE ARAGÓN. I
(España, 1936)
Produción: CNT/FAI e Sindicato Único de Espectáculos Públicos de Cataluña. Fotografía: Adrián Porchet, Pablo Willy. Duración: 19’52”.
Narración das actividades da “Columna Durruti” durante os meses de xullo e agosto de 1936 na fronte de Aragón. Unha vez conquistado Burjaraloz e convertido en cuartel xeral dos “aguiluchos”, proseguen o seu avance cara a Pina del Ebro e Gelsa. O comentario fai unha descrición eloxiosa de Durruti e glosa a alianza UXT/ FAI nas milicias antifascistas.
LOS AGUILUCHOS DE LA FAI POR TIERRAS DE ARAGÓN. II
(España, 1936)
Produción: CNT/FAI e SUEP. Fotografía: Adrián Porchet. P. Weschevk. Duración: 7’33”.
Continúa o relato das actividades da “Columna Durruti” na zona de Pina del Ebro incluíndo a toma da vila de Osera.
LOS AGUILUCHOS DE LA FAI POR TIERRAS DE ARAGÓN. III
(España, 1936)
Produción: CNT/FAI e SUEP. Fotografía: Adrián Porchet. Duración: 24’57”.
As actividades das columnas das milicias antifascistas no cuartel de Bujaraloz e o seu avance até conquistar o pobo de Siétamo.
LA BATALLA DE FARLETE
(España, 1936)
Produción: CNT/FAI e SUEP. Fotografía: Adrián Porchet. Duración: 16’32”.
Cuarto documental da serie que recolle as actividades inmediatamente anteriores á batalla de Farlete, o 8 de outubro de 1936, das milicias antifascistas da “Columna Durruti”.