La societé du spectacle
- 90 minutos
Adaptación fílmica dun dos ensaios literarios máis fondos, lúcidos e reveladores do noso tempo, La sociedad del espectáculo (1967), tamén asinado por Guy Debord. A análise teórica na voz en off do propio autor e o fluxo de imaxes apropiadas e resignificadas, procedentes de westerns e cine bélico de Hollywood, propaganda soviética, publicidade ou pornografía, procura amosar o funcionamento deste réxime político, onde, consonte o autor, toda forma de relación social está mediatizada polas imaxes e polo espectáculo, que é, en definitiva, “[…] o capital nun grao tal de acumulación que se converteu en imaxe”. Debord emprega esta saturación de imaxes para formular unha crítica radical ao sistema a partir de dous principios: non rodar para non xerar ningunha imaxe nova susceptible de ser transformada en mercadoría e examinar a potencia do cine, na súa recodificación, como arma para a crítica ideolóxica.
-
Guy Debord: contra o cinema
Critique de la séparation
La societé du spectacle
Presentación (virtual) a cargo de Paulino Viota. Entrada de balde.
- Ano:1973
- Países de produción: Francia
- Guión: Guy Debord
- Montaxe: Martine Barraqué
- Produtora(s): Simar Films