Programa 1
Larry Gottheim, 1970-1971
99'. 16mm. Presentación Larry Gottheim (vía Skype) y Miguel García.
PROGRAMA 1: LUCES VAPOROSAS
(Estados Unidos, 1970-1971)
Dirección, produción e fotografía: Larry Gottheim. Duración: 89 minutos.
Inclué os traballos:
Blues (1970) 16mm, color, 8.5 min. 18fps sin sonido
Thought (1971) 16mm, color, 7 min. 18fps sin sonido
Barn Rushes (1971) 16mm, color, 34 min. 18fps sin sonido
Doorway (1971) 16mm, blanco y negro, 7.5 min. 18fps sin sonido
Corn (1970) 16mm, color, 10.5 min. 24fps sin sonido
Fog Line (1970) 16mm, color, 11 min. 24fps sin sonido
Harmonica (1971) 16mm, color, 10.5 min. 24fps sonora
Blues (1970). Duración: 9 minutos.
“Un prato de arandos en leite, o cambio da luz radiante sobre as bagas e sobre a cunca bañada, a esfera cada vez máis radiante de leite a se transformar nunha luz en si mesma incandescente, cunha breve coda de sombras a responder ao complexo xogo das sombras. Os pulsos habituais da luz que enmarcan os ritmos máis baixos da culler, ela mesma un fotograma. Unha carga en cada un dos bordos do encadramento coa súa propia enerxía particular. Por dentro e por fóra, brancos e azuis, liñas e curvas. Os pulsos da visión, o simple proceso natural, levantar o espírito” (Larry Gottheim).
Thought (1971). Duración: 7 minutos.
“En 1971 aparecía unha compañeira formal de Doorway, levando máis lonxe as posibilidades dos pequenos movementos dentro do formato dun plano continuo. En 1980, algo inspirou as miñas preocupacións habituais, insinuado na escolla deste título a partir desa atracción suavemente sensual. Algo que ten que ver co que se está a mover entre eu mesmo, nós e o que está máis aló… o que está “re-alizándonos” (Larry Gottheim).
Barn Rushes (1971). Duración: 34 minutos.
“Barn Rushes é unha desas películas estrañas que sorprende cada vez máis. Lembro a sorpresa que sentín cando a proxectei por vez primeira nunha clase; Barn Rushes é tan extática e visionaria que pensei que unha contorna didáctica podería asfixiala. Porén, a película non só saíu ilesa, senón que (como a ave fénix) mellorou! Por un lado, o gozo compositivo e retiniano do filme, é tamén un tour de force sobre a organización secuencial do material temático, a aproximación máis próxima posible a un libro de texto sobre a atmosfera, a visión da cámara, e a iluminación, xa que se asocian os conceptos persoais coas relacións puramente visuais. Elegante e rústica na simplicidade da súa execución; arrástranos suavemente cara aos diferentes lados do conxunto, a través de indicios de cor e interaccións respecto ao movemento, os espazos positivos e negativos, etc., ademais da entrega implacable dunha das maiores apoteoses do cine poético fundida no tempo” (Tony Conrad).
Doorway (1971). Duración: 7 minutos.
“As obras perfectas corren o risco de apareceren de forma discreta ou simple, as complexidades parecen ser tan correctas que flúen soas –un fica hipnotizado pola súa forma–; unha forma que denota harmonía entre moitos dos aspectos estéticos. Doorway, de Larry Gottheim, é unha película así. A súa preocupación á hora de traballar cos bordos, illando os detalles, a prominencia do encadre como unha forma reveladora dos bordos, o amor pola textura fotográfica, todo é tratado con lucidez nesta película… Un guíndase por estas fermosas imaxes partindo do sentimento poético de Gottheim polas calidades fotográficas –por exemplo, a luz, o movemento, a textura–, pola súa habelencia para transformar unha paisaxe mediante a súa rigorosa utilización do encadramento, coa fin de chamar a atención sobre unha beleza ata daquela agochada que se revela a través dun ollo altamente selectivo” (Barry Gerson, Film Culture).
Corn (1970). Duración: 10 minutos.
“Unha cámara fixa compañeira de Fog Line. Follas de cor verde arrincadas das mazarocas de millo, e máis adiante, as vibrantes mazarocas amarelas colocadas nun recipiente vaporoso que se encontra á espera. Cada unha destas accións inaugura un período en que un contempla unha imaxe cuxa constante transformación é apenas perceptible –o delicado lento movemento da luz e da sombra, a evolución do sutil vapor no gran de película. Unha meditación sobre os fráxiles momentos da pasaxe do millo do sol vivente que alimenta á planta para xantar á imaxe da luz. A mente trata de comprender a propia duración, de distinguir a súa propia creación da súa propia percepción, pero as distincións bórranse na totalidade dos tempos e no fluxo da conciencia” (Larry Gottheim).
Fog Line (1970). Duración: 11 minutos.
“É unha película pequena, mais perfecta” (Jonas Mekas). “A metáfora en Fog Line encóntrase situada dunha forma tan delicada que me encontro a min mesmo fixándome en múltiples direccións para atopar a súa fonte: The Raw and the Cooked? Analítico versus simbólico? Cidade & Campo? Ridículo e sublime? Unha liña é abondo adecuada como para cazar a recompensa que mantén a conxunción entre a néboa e a liña” (Tony Conrad). “Fog Line é unha marabillosa obra de arte conceptual, unha pincelada ao longo da coidadosa liña entre o enxeño e a sabedoría –unha melodía na que de xeito literal cada fotograma é diferente do precedente (pois a néboa está sempre desaparecendo) e onde os diferentes elementos da composición –as árbores, os animais, a vexetación, o ceo, e, o máis importante, a emulsión, o gran da propia película- engaden enormidade ao misterio e o entusiasmo, en canto que a obra se desprega, a néboa espállase, a película avanza cara á saída; a composición é estática, aínda que o propio fotograma é fluído, dinámico, magnificamente cinético” (Raymond Foery).
Harmonica (1971). Duración: 11 minutos.
Con Shellet Berde. «Ouh! A vida dentro de nós e fóra / Que reúne todo o movemento e se converte na súa alma / Unha luz no son / Unha potencia de son na luz / O Ritmo é todo o seu pensamento / E en todas partes está o gozo / Paréceme que debería ter sido imposible / Non amar todas as cousas nun mundo tan rico / No que a brisa chía / E o aire quedo e silencioso é música durmida no seu instrumento / E se toda a natureza animada / Non fose senón a Arpa orgánica diversa que vén d' Iso que treme no pensamento / Como aquilo outro que varre o plástico e o vasto / Unha brisa intelectual / Á vez a Alma de cada Un / E o Deus de todos?” (S. T. Coleridge, The Eolian Harp).