PINGPONG
Matthias Luthardt, 2006.
89´. Subtítulos en galego.
PINGPONG
(Alemaña, 2006)
Dirección: Matthias Luthardt. Guión: Meike Hauck e Matthias Luthardt. Fotografía: Christian Marohl. Produción: Junifilm, HFF, MDR, KOPPMEDIA. Intérpretes: Sebastian Urzendowsky, Marion Mitterhammer, Clemens Berg, Falk Rockstroh. Duración: 89 minutos.
Paul, de 16 anos, chega á casa de seu tío sen estar convidado. Acaba de perder a seu pai, busca un mundo ideal e atopa a familia aparentemente perfecta. Despois de rexeitalo, súa tía achégase a el. O rapaz séntese atraído por ela e dáse de conta demasiado tarde de que está baixo o seu control. Sorpresa na Semana da Crítica de Cannes 2006: mirada de entomólogo para captar as emocións dunha familia burguesa.