A PERFECT DAY
Joana Hadjithomas e Khalil Joreige, 2005
88´. Subtítulos en galego.
A PERFECT DAY
(Líbano-Francia-Alemaña, 2005)
Dirección e guión: Joana Hadjithomas e Khalil Joreige. Produción: Mille et Une Productions (Francia), Abbout Productions (Líbano) e Twenty twenty vision (Alemaña). Fotografía: Jeanne Lapoirie. Intérpretes: Ziad Saad, Julia Kassar, Alexandra Kahwagi. Duración: 92 minutos.
Un día perfecto en Beirut na vida de Malek, un mozo que sofre de narcolepsia, a enfermidade do sono, no seu caso máis preto dun desexo de fuxida que dunha disfunción. Malek vive sobreprotexido por súa nai, unha muller que non acepta a desaparición do seu marido quince anos atrás na guerra civil libanesa, e pola súa moza. Gañadora do Premio da crítica en Locarno 2005, participou na sección oficial de Gijón nese mesmo ano, consagrando aos seus autores.