PASSING DRAMA
Angela Melitopoulos, 1999.
66´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
PASSING DRAMA
(Alemaña-Grecia, 1999)
Dirección, guión, produción e fotografía: Angela Melitopoulos. Duración: 66 minutos.
Os avós de Angela, a directora, sobreviviron ás deportacións de Asia Menor a Grecia en 1923. Os seus fillos, á súa vez, foron traballadores-escravos na Alemaña nazi. Angela Melitopoulos, neta e filla de refuxiados, introdúcese na lóxica da memoria de quen non ten a onde regresar, nin patria nin fogar. Drama resulta ser unha pequena localidade grega habitada por refuxiados pola que a montaxe non lineal de Melitopoulos amosa un sinfín de produtivas suxestións e emocións.