
OS WASLALA
Alberte Pagán, 2005
14’. Entrada gratuíta.
OS WASLALA
(Galicia, 2005)
Dirección: Alberte Pagán. Produción: COSAL-Galiza. Dur.: 14 min.
Un documental, tamén unha obra estrutural-materialista, sobre Silvano, Taquín e Marcia. Tres waslala, labregos do norte de Nicaragua, sandinistas perseguidos pola Contra, cidadáns sen papeis esquecidos polo goberno, ocupantes da illa Zapatera no lago Cocibolca, expulsados polo exército unha e outra vez. Tres rostros e os seus xestos, as súas miradas, a súa serenidade no medio do desacougo, a súa dignidade.