![Os Verdes Anos Os Verdes Anos](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3665.png?itok=1MtpenK8)
Os Verdes Anos
Pedro Costa, 1963
91'. DCP. Subt. Galego
Os Verdes Anos
(Portugal, 1963)
Dirección: Paulo Rocha. Guión: Paulo Rocha, Nuno Bragança. Fotografía: Luc Mirot. Intérpretes: Rui Gomes, Isabel Ruth, Ruy Furtado, Paulo Renato, Manoel de Oliveira. Dur: 91'.
Ópera prima da lenda do cine portugués Paulo Rocha. Filme totémico da filmografía patria e faro do Cinema Novo Portugués. Pedro Costa estivo involucrado na súa restauración e no relanzamento do filme, que conta ademais cun pequeno papel a cargo doutro dos referentes do país, Manoel de Oliveira.
“Os Verdes Anos é unha película ben singular e secreta, que aínda hoxe permanece como unha fonte de equívocos para quen dela realice unha lectura lineal. Se a película non envelleceu unha engurra e se hoxe se ve co maior asombro, é porque a historia dos infelices amores da empregada doméstica e do zapateiro fica baleira de calquera verosimilitude para se adherir ao conflito dos decorados e ao conflito dos actores. Non creo que houbera xa no Paulo Rocha desa época unha influencia expresa do cine xaponés, que apenas parece insinuarse na película seguinte (Mudar de Vida). O que existe é un amor (incrible Isabel Ruth!) polos personaxes, expreso nun erotismo difuso e nada físico, unha sorte de «saudade por amar» e por «amalo todo» que, recuperando un imaxinario típico da literatura romántica portuguesa (da novela popular Amor de Perdição) cortan co lado «queirosiano» do que o cine portugués fora case sempre o seu involuntario herdeiro, para ligalo con esa tradición fantomática, na que o fatalismo é o único fío condutor.
Nese sentido Os Verdes Anos é unha película bisagra dentro da historia do cinema portugués.
Por un lado establece unha ponte entre un imaxinario visual que o cinema case ignorara e un imaxinario cinematográfico específico. Os Verdes Anos pareceu para moitos recuperar imaxes do antigo cinema portugués. Creo que non se trataba aínda de asumir esa tradición (visual e novelesca) que presidía e que por primeira vez se articulaba coherentemente. Por outro lado ofrece as claves das «figuras de retórica» posibles na evolución futura deste imaxinario, o que fai de case todas as mellores películas posteriores as súas herdeiras.
Ademais, Os Verdes Anos é a película que dá a ver por primeira vez o mundo da frustración, por escoller un termo que máis adiante Oliveira tomaría expresamente. A visión de Portugal, ou de Lisboa, como espazo claustrofóbico, sen saídas, onde todo se frustra e onde todo agoniza (é unha morte leve) vese por primeira vez na película de Rocha, que observada desde ese lado é máis un retrato dun «país político que nos mata largamente» que unha visión sumaria dun réxime que máis sabiamente do que calquera outro con ese país se identificou.
Alberto Vaz de Silva, nunha crítica publicada en O Tempo e o Modo, en decembro de 1963, sentira esa premonición cando escribiu que a película era por outra parte portuguesa, porque moi raras veces unha obra de arte deixou, entre nós, transparentarse así tamén algo alén de todo fatalismo, o tempo absorto e o peso xordo, pesado, o prolixo, que fai tanto se enraizou na nosa terra e que, en van, se define no noso futuro”.
Texto por João Bénard da Costa
Publicado orixinalmente en 'Cinema Novo Português: Revolta Ou Revolução'.
En Cinema Novo Português, 1960/1974. Cinemateca Portuguesa, 1985.