Doing Time, Doing Vipassana + Last Words, My Sister Yoka
- 104 min.
DOING TIME, DOING VIPASSANA (Israel, 1997)
Dirección e guión: Ayelet Menaherni e Eilona Ariel. Producción: Karuna Films. Fotografía: Ayelet Menaherni e Eilona Ariel (C). Dur.: 52 min.
Esta é a historia de cómo a esperanza chegou á prisión de "Tihal Jail" en Nova Delhi, onde a primeira muller que ocupou o cargo de Inspectora Xeneral de Prisións -Kiran Bedi- loitou por unha xenuina rehabilitación daqueles que estaban ó seu coidado. Pero, ante todo, é a historia dos mesmos reclusos da prisión, e dos profundos cambios ós que chegaron por medio da antiga técnica da meditación do Vipassana.
LAST WORDS, MY SISTER YOKA (Francia, 1998)
Dirección e guión: Johan Van Der Keuken. Producción: Pieter van Huystee Film & TV. Dur.: 52 min.
"A miña irmá Yoka, dous anos e medio máis vella ca min, morreu víctima do cancro o 8 de Agosto de 1997. Oito días antes, a miña muller Noshka e eu tiveramos unha longa conversa con ela, que eu filmei cunha cámara de video dixital. Dous días denantes da súa morte, filmei unha segunda conversa, esta vez máis curta. Pedinlle a Yoka, non sen unha certa timidez, autorización para filmala. O filme viría a ser o seu derradeiro proxecto, dunha gran importancia para ela" (Johan van der Keuken).
-
Compostela documental
Doing Time, Doing Vipassana + Last Words, My Sister Yoka
Versión lingüística:VOSEFormato:Vídeo
- Ano:1997-1998
- Países de produción: Holanda, Israel