Ollo / Máquina
Harun Farocki, 2001
25´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
AUGEN/MASCHINE / [OLLO/MÁQUINA]
(Alemaña, 2001)
Dirección: Harun Farocki. Guión: Harun Farocki, Matthias Rajmann, Ingo Kratisch e Rosa Mercedes. Produción: ZDF, 3Sat e Harun Farocki Filmproduktion. Duración: 25 minutos.
As imaxes da Guerra do Golfo causaron un gran impacto mundial en 1991. Naquel conflito, cheo de tecnoloxía militar, o home deixou de ser unha testemuña directa. Farocki pon de manifesto, ademais do reflexo da nova tecnoloxía de imaxe militar sobre a vida civil, que, debido ao desenvolvemento da tecnoloxía actual, o ollo humano está perdendo a capacidade de discernir entre imaxes reais e ficticias.