OASIS
Lee Chang-dong, 2002.
132´. Subtítulos en galego.
OASIS
(Corea do Sur, 2002)
Dirección e guión: Lee Chang-dong. Produción: Dream Venture Capital, East Film Company, UniKorea Pictures. Fotografía: Choi Yeong-taek. Intérpretes: Sol Kyung-gu, Moon So-ri. Duración: 132 minutos.
Dura historia de amor entre dous personaxes marxinais. Magnífica interpretación dos protagonistas, sobre todo Moon So-ri, premio de interpretación en Venecia. Radical e comprometido coas súas historias, un relato de amour fou e crítica feroz á institución familiar, un desafío ás convencións protagonizado por unha muller con parálise cerebral e un desclasado con leve atraso mental.