O ollo imperativo
L´oeil impératif
- 63 minutos
O ensaio visual aquí presentado, producido en Marrocos, proponse como unha reflexión transversal sobre o papel que o réxime da visualidade adquire dentro dos procesos coloniais e neocoloniais, entendidos estes non exclusivamente como formas de explotación político-económica senón como un pensamento abismal -que diría Boaventura de Sousa- que domina o sistema-mundo e que non cesa. Este filme, construído con textos reescritos de Frantz Fanon e Aimé Césaire presenta como caso de estudo a Marrocos, pero quere reflexionar sobre as expectativas da construción dunha xustiza cognitiva fóra do sistema hexemónico de coñecemento e representación (en todos os sentidos do sistema de representación) e, por extensión, preguntarnos en que medida é posible unha(s) verdadeira(s) soberanía(s) visual(is) e que potencialidades políticas teñen. (María Ruido)
- Ano:2015
- Países de produción: España