![Pajaritos y pajarracos](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/pajaritos.png?itok=rn5Oy_wu)
Pajaritos y pajarracos
Uccellacci e uccellini
Totò, Ninetto Davoli
- 84 minutos
Un home maior, agricultor de profesión, e o seu fillo pasean por uns míseros terreos arredor de Roma. Queren pedir unha moratoria e intentar solventar unha débeda sobre a súa finca. Durante o camiño, os dous falan da vida e da morte cun insólito personaxe: un corvo que fala e di ser intelectual marxista da vella garda. Sustenta a teoría dunha humanidade dividida en dous: a que habitan os paxarracos e a que alberga aos paxariños. Totò, Ninetto Davoli, Ennio Morricone, Tonino Delli Colli e un San Francisco que manda predicar a falcóns e pombas forman parte das infinitas riquezas integrantes dunha parábola sociopolítica a modo de película de carreteira, un fresco da Italia do momento máxico e inesquecible.
- Ano:1966
- Países de produción: Italia
- Guión: Pier Paolo Pasolini
- Fotografía: Tonino Delli Colli, Mario Bernardo
- Montaxe: Nino Baragli
- Produtora(s): Arco Film Roma