Friendly Witness
Debbie Caen, Anita Thatcher, Ken Nochimson, Jerome Hiler, Tatiana Troyanos, Jeff Scher, Suzanne Fedak, Barbara Hodes, Gerard Malanga, Mick Jagger, Ray Larsen, Anne Waldman
- 22 min.
A súa primeira película sonora desde 1968, na que combina a montaxe polivalente da súa madurez cun fondo musical similar ao das súas películas de mocidade. Para este proxecto non parte de material filmado, senón de imaxes da maioría das súas películas anteriores, reunindo metraxe rodada ao longo de máis de dúas décadas en Europa, América do Norte, o norte de África, o Pacífico Sur e Asia. Por iso, pode considerarse tamén unha síntese de motivos, lugares e situacións recorrentes na súa obra ata ese momento: predominan parques de atraccións, manifestacións e concentracións públicas, desfiles, bailes, cerimonias, espectáculos, acontecementos deportivos, escenas de desprazamentos e viaxes, paisaxes urbanas e naturais, animais e persoas.
Música: The Shirelles («Will You Love Me Tomorrow»), Del Shannon («Runaway»), The Marvelettes («Please Mr. Postman»), The Diamonds («Little Darlin’»), Christoph Willibald Gluck (obertura de Iphigénie en Aulide).
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
Hall of Mirrors
The Tuxedo Theatre
Friendly Witness
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presenta: Carlos Saldaña.
- Ano:1989
- Países de produción: Estados Unidos