The Cup and the Lip
Peter Hutton, Ray Larsen, Isabel II do Reino Unido
- 20 min.
Alén de atraccións, vías de tren, animais e outros motivos recorrentes na montaxe polivalente de Sonbert, a película céntrase no espazo social de cidades europeas e estadounidenses, salientando a monumentalidade de grandes prazas ou edificios, así como as dinámicas de control e axitación social (policías, militares, manifestantes). Abre cun desfile militar en Budapest filmado durante a semana do desastre de Chernobyl e pecha coa manifestación en San Francisco contra a xuíza do Tribunal Supremo Sandra Day O'Connor.
«Un remexido mesturado con ingredientes reunidos durante tres anos, guisado ata lograr un gulash áxil e misántropo. De cheo no vórtice político —a diferenza do ámbito do retrato—, a forma fustriga o contido cun brusco impulso». (Warren Sonbert)
-
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
The Cup and the Lip
Amphetamine
Rude Awakening
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presenta: Francisco Algarín.
- Ano:1986
- Países de produción: Estados Unidos