El mundo de la mujer
- 17 min.
A Sociedad Rural Argentina é á vez un lugar e unha institución. A institución nuclea aos maiores propietarios de terras do país (orixe de boa parte dos nosos problemas) e o lugar úsase para todo tipo de grandes eventos. A exposición rural, onde desfilan vacas, tenreiros, touros e todo tipo de equipamento agropecuario; pero tamén a feira do libro, feiras de arte, convencións de todo tipo. Nos 70s María Luisa Bemberg retratou dúas exposicións particularmente tremebundas: Femimundo en 1972 e unha feira de xogos e diversións para nenos en 1978. Unha pouca colaxe, un pouco cinétract, un pouco cinema militante puro e duro, as curtas de María Luisa Bemberg fan retratos de cousas á vez comúns e absurdas. Neste caso, unha exposición da muller e o seu mundo, unha feira dedicada ás “cousas de mulleres”. Que son esas cousas? electrodomésticos, mobles, roupa, produtos de beleza. Bemberg retrata os estrafalarios produtos tecnolóxicos que se expoñen para as tarefas domésticas mentres constrúe xunto co sonidista Nerio Barberis unha banda sonora que mestura fragmentos de cancións (moito Sgt. Pepper) co terrorífico texto que acompaña a mostra (unha serie de “recomendacións” para as mulleres) e El libro azul de Para Ti, unha das revistas do corazón máis famosas e conservadoras do país.
-
Luz no escuro: María Luisa Bemberg e Eva Landeck en compañía
Juguetes
El mundo de la mujer
Florentina
Documental
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación a cargo da programadora Lucía Salas. Entrada de balde.
- Ano:1972
- Países de produción: Argentina