Encontro con Elena López Riera
- 75 min.
Conversamos con Elena López Riera, cineasta, mais tamén programadora e docente, autora dunha coherente traxectoria que aparece atravesada por asuntos como a herdanza ou o mito, a sexualidade e o corpo. Da curta á longa, pasando pola mediometraxe, e xogando sempre na fronteira entre a ficción e o real, a obra de Riera pasou ademais por festivais como Cannes, Toronto, Locarno, San Sebastián, Cinéma du réel ou Vila do Conde.
-
Close-Up: cine e perspectiva de xénero
Encontro con Elena López Riera
Las novias del sur
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada gratuíta.
- Ano:2025
- Países de produción: España