París que duerme
Paris qui dort, ou le rayon diabolique
Henri Rollan, Charles Martinelli, Louis Pré Fils, Albert Préjean, Madeleine rodrigue, Myla Seller
- 55 min.
A primeira película de René Clair sitúase a medio camiño entre o cine fantástico e o burlesque, sen esquecer algúns apuntes que a aproximan ás primeiras vangardas do cine francés dos anos 20.
-
Francia vista por...
París que duerme
El crimen del Sr. Lange
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Francia vista por...
París que duerme
El crimen del Sr. Lange
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
- Ano:1925
- Países de produción: Francia
- Guión: René Clair
- Fotografía: Maurice Desfassiaux, Paul Guichard
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Ángel Luis Hueso Montón
[En Paris qui dort] encontrámonos ante unha película que sorprende pola súa sinxeleza (no que ten moito que ver o auténtico mostrario de efectos cómicos logrados a través dos recursos da linguaxe cinematográfica), pero que pode ser contemplada como posuidora doutra serie de aspectos novidosos: a contraposición entre un mundo ordeado e a desorde rupturista, a manipulación dos esquemas temporais, o razonamento científico e o seu resultado irracional; en resume, un mundo máxico e subxugante que vai alén das propias imaxes e que nos fala do engado do que o home non pode controlar e que como tal o atrae. (...)
Non deixa de sorprender, malia todo, que un ano máis tarde o propio René Clair realizase unha obra tan rupturista como é Entr'acte. É ben conecida a relación de Clair con Francis Picabia e o encargo dun filme que, baseado nun guión do propio Picabia, servise para ser proxectado como "entreacto" nas sesións da Compañía dos Ballets Suecos, que, baixo a dirección de Rolf de Maré, ían escenifica-la súa obra "Relâche". O resultado desta vinculación é unha das obras máis soprendentes e anovadoras (a pesar do paso dos anos) de toda a historia da vangarda cinematográfica.