
News from Home
- 90 minutos
Unha película en forma de cartas de amor dirixidas á directora en Nova York, escritas pola nai desde Europa. A narración describe un relato íntimo da vida familiar, co inventario de pequenas enfermidades, rutinas domésticas, vodas e angustias financeiras. O sentimentalismo elexíaco das palabras contrasta non só coa lectura plana e monótona de Akerman, senón tamén coas imaxes de Manhattan como unha cidade fantasma e alieníxena, coas rúas inusualmente baleiras.
- Ano:1976
- Países de produción: Bélxica, Francia
- Guión: Chantal Akerman
- Fotografía: Babette Mangolte
- Montaxe: Francine Sandberg
- Produtora(s): Paradise Films (Brussels), Unité trois (Paris), INA (Paris), ZDF