![Nación](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/nacion_0.jpeg?itok=9ksjsknA)
Nación
Mónica Caamaño, Mónica de Nut
- 92 minutos
Estrea da cuarta longametraxe de Margarita Ledo, precedida pola magnífica acollida no Festival de Sevilla, premio incluído; poucos títulos contemporáneos amalgaman con tanta nitidez a esixencia coa pertinencia. A través do relato dun grupo de carismáticas traballadoras da fábrica galega de cerámica Pontesa (1961-2001), Margarita Ledo constrúe un relato, a modo de caixa de resonancias, que contén trazos de ensaio, poesía ou representación, un retrato feminino, xeracional e colectivo, emotivo e comprometido onde conviven complicidades como as de Mónica de Nut, Eva Veiga, Alberte Branco “Bertitxi”, Marcos Flórez, Mercedes Peón ou Mónica Caamaño.
-
Olladas de muller 2021
Nación
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio coa directora. Entrada de balde.
-
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Margarita Ledo
- Fotografía: Alberte Branco
- Montaxe: Marcos Florez
- Produtora(s): Nós Produtora Cinematográfica Galega