El bazar de las sorpresas
The Shop Around the Corner
James Stewart, Margaret Sullavan, Frank Morgan, Felix Bressart, William Tracy, Joseph Schildkraut, Sara Haden, Inez Courtney, Sarah Edwards
- 94 min.
Alfred Kralik é o tímido xefe de vendedores de Matuschek e Compañía, unha tenda de Budapest. Todas as mañás, os empregados agardan xuntos a chegada do seu xefe, Hugo Matuschek. Malia a súa timidez, Alfred responde ao anuncio dun xornal e mantén un romance por carta. O seu xefe decide contratar unha tal Klara Novak en contra da opinión de Alfred. No traballo, Alfred discute constantemente con ela, sen sospeitar que é a súa correspondente secreta.
-
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
El bazar de las sorpresas
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Daniel Domínguez no cine. A propósito do libro "Las costuras del guion"
El bazar de las sorpresas
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1940
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Samson Raphaelson. Obra: Miklós László
- Fotografía: William H. Daniels
- Montaxe: Gene Ruggiero
- Produtora(s): Metro-Goldwyn-Mayer (MGM)
El bazar de las sorpresas
Daniel Domínguez
Se tivera que elixir un conto de nadal entre os filmes, digamos clásicos, non teño a máis mínima dúbida: The Shop Around the Corner -titulada aquí El bazar de las sorpresas-, a obra mestra de Ernst Lubitsch estreada o 12 de xaneiro de 1940; entre outras cousas, porque non se nos presenta como un conto de nadal, non se insiste no propio do nadal, ocorre nesas datas mais a curiosidade do espectador esperta e mantense a súa atención por razóns distintas. (…)
A Lubitsch encantáballe o guión de Raphaelson, cría que era un dos mellores guións que tivera entre mans. A súa muller deulle o título: "A pequena tenda da esquina" e quixo cobrarlle 500 dólares. Lubitsch deixouno en "A tenda da esquina" para non ter que pagarlle dereitos de autor. Bo era el. The Shop Around the Corner, daquela.
(…) destila puro cinema dende a primeira escena á última, e máis precisamente, cinema clásico, a partir dun guión medido -por así dicilo, concentrado e inspirado sen levantar a voz- cunha posta en escena transparente e un elenco perfecto, con eses secundarios marabillosos como Felix Bressart encarnando a Pirovitch e Frank Morgan dando vida ao señor Matuschek, o dono da tenda; como esquecer ese gag tan divertido, desenvolto en tres tempos, con Pirovitch refuxiándose no cuarto traseiro cada vez que Matuschek lle pide "unha opinión sincera" aos seus empregados.
El bazar de las sorpresas rodouse durante o mes de novembro de 1939. Lubitsch preparouno cun coidado obsesivo e rodouno con mestría. Alcanza tal unidade tonal, tal claridade e fluidez narrativa que custa destacar un momento sobre outro, ata tal punto podemos falar dun tempo exquisito onde se conxuga con sutileza o ángulo da cámara, a precisión do encadre, o tempo e movemento interno do plano, e a interpretación.
Daniel Domínguez
en ‘Un cuento de navidad’, publicado no seu blog La escuela de los domingos. Tradución propia do castelán.