![Invisible Adversaries](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/invisible_adversaries_0.jpg?itok=R20N7Tu5)
Invisible Adversaries
Unsichtbare Gegner
Susanne Widl, Peter Weibel, Helke Sander
- 110 minutos
Anna, unha fotógrafa e reporteira que vive en Viena, fica estupefacta ao escoitar na radio que unha invasión extraterrestre está a piques de chegar á Terra. Os hyksos infíltranse de xeito invisible nos corpos das súas vítimas e posúen a súa mente.
- Ano:1977
- Países de produción: Austria
- Guión: Valie Export
- Fotografía: Wolfgang Simon
Para o seu debut cinematográfico, Valie Export elixiu, tomando como referencia o clásico estadounidense Invasion of the Body Snatchers (Don Siegel, 1956), este guión escrito por ela mesma en que unha intelixencia extraterrestre ocupa as mentes dos seres humanos e modifica radicalmente o seu comportamento. Por suposto, tratándomos da artista austríaca, o punto de vista e os medios para transmitir a súa historia son radicalmente diferentes ao clásico de Siegel. A nosa protagonista emprega os 16 mm como argamasa da súa narración, o humor como punto de fuga e unhas variadas referencias artísticas (do dadaísmo ao surrealismo) como elemento de apoio. Porén, o fondo da historia é igualmente válido para ambas: o estrañamento dos individuos illados con respecto aos procesos evolutivos dunha sociedade da que resulta imposible asumir principios e actitudes.
Festival Internacional de Cine de Xixón
Martín Cuesta