
Programa curtametraxes 1991-1994
- 83 minutos
WEIT ENTFERNT (1991)
Uns minutos extraídos da vida dunha muller.
SCHÖNE GELBE FARBE (1991)
Monologo recordatorio dunha muller nova sobre a situación nun piso. Valentín, o inquilino subarrendado, vólvese insoportable para a muller e esta pídelle que marche.
PRAG, MÄRZ 92 (1992)
Impresións da vida cotiá de Praga, apoiadas por un texto lírico que expresa o abraio pola cambiante situación neste país nos tempos posteriores á caída do muro de Berlín.
ÜBER DAS ENTGEGENKOMMEN (1994)
Imaxes de interacción nun bar.
ICH BIN DEN SOMMER ÜBER IN BERLIN GEBLIEBEN (1994)
Melancólicas reflexións de dúas parellas mozas que teñen dificultades para confiar o un no outro. Mentres dubidan, buscan o sentido da vida.
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Angela Schanelec