Ostensibly
- 16 min.
Unha película-colaxe con dúas recitacións do poema homónimo de John Ashbery: unha por Kia Heath e outra polo propio poeta, filmado fronte á cámara.
«(A música baixa o volume; Kia Heath le en off o poema «Ostensibly» de John Ashbery); árbores e nubes en movemento acelerado; a Raíña do Arando de Maine; sombras sobre o toco dunha árbore; tomates; piñas animadas, mazás/espidos; o carreiro que desemboca no estanque en movemento acelerado; planos rápidos de abetos, arces e piñeiros; zoom de afastamento desde os piñeiros; estanque en time-lapse; un home sen camisa correndo por unha estrada rural; o separador de tráfico no Flatiron Building, pavimento mollado, luces de coches; un home correndo cara a cámara, montado de modo que aparece cada vez máis lonxe; un esquiador acuático; tocos en chamas; o bordo dun edificio con nubes movéndose de dereita a esquerda». – Vincent Katz.
-
Cidades pastorais: o cinema de Rudy Burckhardt
Ostensibly
In Bed
The Bottle of the Bulge
Great Regular Flavor
Indelible, Inedible
“Untilted”
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Presentación: Francisco Algarín, Carlos Saldaña.



