Costa da Morte
- 83 minutos
A Costa da Morte é unha zona de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que se sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra e observarmos as persoas que a habitan: pescos, mariscadores, madeireiros... Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito. Filme poético e ben elaborado, un dos fitos do cine galego, premiado, entre outros festivais, en Locarno e Sevilla.
- Ano:2013
- Países de produción: España
- Guión: Lois Patiño, coa colaboración de Carla Andrade
- Fotografía: Lois Patiño, coa colaboración de Carla Andrade
- Produtora(s): Zeitun Films