Fajr
- 12 minutos
No deserto de Marrocos a noite dilúe as formas e o silencio esvara pola area. O paso da distancia (Costa da Morte) á inmobilidade dentro da obra rigorosa, consecuente e conceptualmente definida de Lois Patiño. O mencer comeza a debuxar siluetas de dunas, mentres figuras inmóbiles puntúan a paisaxe. Desde a abstracción nocturna, a luz vai devagariño devolvendo ao espazo a súa dimensión e ao corpo o seu volume. A quietude concentra así a mirada e a duración densifícaa. Soa o adhan -a chamada á oración- e a inmobilidade, que condensaba, comeza a irradiar: e agora son os corpos os que se dilúen no deserto. 'Fajr' ten un duplo significado en árabe: designa o mencer e tamén o 'adhan' que soa desde as mesquitas xusto antes de raiar o día.
- Ano:2016
- Países de produción: España
- Guión: Lois Patiño
- Fotografía: Lois Patiño
- Produtora(s): Lois Patiño