Santiago
Santiago
- 80 minutos
Santiago é un documental sobre unha película inacabada. Santiago foi mordomo na casa onde medrou o director. Foi un home dunha vasta cultura e unha memoria prodixiosa, cuxa idiosincrasia deixou fondos recordos na familia. Anos antes, o director intentara facer unha película sobre el, mais non o conseguiu. Nesta ocasión, retoma a película para buscar os motivos que o fixeron abandonar. Santiago é unha película sobre a memoria, a identidade e a propia natureza do documental. (DocumentaMadrid)
- Ano:2006
- Países de produción: Brasil
- Fotografía: Walter Carvalho
- Montaxe: Eduardo Escorel, Livia Serpa