![As mulleres co mundo na cabeza](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/as_mulleres_co_mundo_na_cabeza.jpg?itok=NIuC90AN)
As mulleres co mundo na cabeza
- 35 minutos
Un documental homenaxe ás mulleres anónimas do Pindo, que sustentaron as súas familias cos materiais que transportaban. Fronte á inexistente pegada oficial, Encarna Otero traza desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega unha historia establecida a través dos testemuños de Olimpia Oreiro, Marisa Vázquez e Marisa Beiro, tres veciñas da zona que reconstrúen a súa vida como cesteiras camiño de Muros ao Ézaro con diversos produtos, despois vendidos para a mantenza das súas familias.
-
Olladas de muller 2020
As mulleres co mundo na cabeza
Exiliada
Entre sombras
Presenta: Encarna Otero. Entrada gratis.
-
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Grupo Imaxe e Voces
- Fotografía: Grupo Imaxe e Voces
- Montaxe: Manuel Gago
- Produtora(s): Consello da Cultura Galega