Santa Liberdade (+ Cousas de Kulechov)
Margarita Ledo, 2004 (+ Susana Rei, 2006)
104'. Vídeo/ Betacam. Entrada de balde.
SANTA LIBERDADE
(España-Portugal-Brasil-Venezuela, 2004)
Dirección e guión: Margarita Ledo. Produción: Nós, Filmanova, Tango Bravo, Textimedia, Grupo Novo de Cinema e TVG. Fotografía: Rui Poças e Luis Abramo Campos. Duración: 83 minutos.
En xaneiro de 1961, o transatlántico español de luxo "Santa María" foi secuestrado polo DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), un comando formado por españois e portugueses coa finalidade de denunciaren as ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal. O obxectivo pasaba por captaren a atención mundial. O "Santa María", no seu percorrido habitual de Caracas a Vigo e Lisboa, desapareceu no mar e durante trece días o buque mudou o nome polo de "Santa Liberdade".
Inclúe a curtametraxe Cousas de Kulechov (2006) de Susana Rei.