
The Practice of Love
Die Praxis der Liebe
Adelheid Arndt, Rüdiger Vogler, Hagnot Elischka
- 90 minutos
Judith é unha xornalista. Investiga un accidente fatal sen resolver nunha estación de metro de Viena e tópase cunha organización internacional de tráfico de armas. A súa aventura co Dr. Fischoff, un médico, non vai ben e Judith dorme mal e ten terribles pesadelos. Ten outro amigo, Alfons Schlögel, un empresario industrial, que tamén está involucrado no asunto das armas. Aos poucos, Judith vaise decatando do que acontece. (Sixpackfilm)
- Ano:1984
- Países de produción: Austria
- Guión: Valie Export
- Fotografía: Jürgen Schmidt-Reiten
The Practice of Love é, se callar, o traballo máis recoñecido de todos cantos dirixiu a artista austríaca. Nela, a súa protagonista, coma sempre unha muller, oscila entre dúas historias de amor con dous homes diferentes, grazas (ou por culpa) ás cales, coñecerá o verdadeiro significado dos mecanismos que articulan a sociedade patriarcal, eses mesmos mecanismos que fan imposibles as relacións sentimentais, entendidas estas dende a liberdade e a igualdade entre individuos, alén do plano estritamente sexual. En definitiva, é imposible obter froitos sans dunha árbore, a do patriarcado, corroída pola podremia e a corrupción. Valie Export usa a súa habitual gama de metáforas avant-garde para exemplificar este relato de amplo fondo político.
Festival Internacional de Cine de Xixón
Martín Cuesta