
LOS MISTERIOS DEL ORGANISMO
Dusan Makavejev, 1971.
84´. Subtítulos en galego.
W.R. MISTERIJE ORGANIZMA / LOS MISTERIOS DEL ORGANISMO
(Iugoslavia-RDA, 1971)
Dirección e guión: Dusan Makavejev. Produción: Neoplanta Film, Telepool. Fotografía: Aleksandr Petrovic, Predrag Popovic. Intérpretes: Milena Dravic, Ivoca Vidovic, Jagoda Paloper. Duración: 84 minutos.
Radical e individualista, antidogmático e imaxinativo, ídolo de tantos libertarios, Makavejev propón un filme escandaloso nos países do Leste, prohibido na Iugoslavia de Tito que eclosiona definitivamente coa polémica clamorosa de “Sweet movie” (1974), a súa seguinte película. Unha revolución sexual inspirada no psicanalista e sexólogo Wilhem Reich (WR é tamén World Revolution) e feita metáfora por medio dos seus tres protagonistas, unha muller dedicada á política, unha rapaza de enorme franqueza sexual e un patinador ruso. O delirio lúdico e a fantasía fronte á represión nun dos filmes míticos da historia do cinema desta etapa.