Tiempos modernos
Modern Times
Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan Garcia
- 85 minutos
*A partir dos 8 anos
Un obreiro con mala sorte acaba perdendo a razón ao ser incapaz de se adaptar ao funcionamento das máquinas industriais nunha cadea de montaxe. Tras recuperarse, logo dun tempo no hospital, encarcérano inxustamente por ser confundido co líder duns disturbios na rúa onde se topaba por casualidade. Na prisión, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motín polo que, cunha carta de recomendación, o poñen en liberdade. Pero a vida fóra do cárcere non é doada e fará todo o posible por volver alí. Nestas tentativas coñece unha moza orfa acusada de roubar un anaco de pan.
A través dun vagabundo que loita por sobrevivir nunha sociedade industrial moderna, Charles Chaplin creou con Tiempos modernos unha das críticas cinematográficas máis elaboradas á deshumanización que orixinou a Revolución Industrial e a produción en masa no s. XX. Considerada como unha das obras mestras de Chaplin, Tiempos modernos contén algúns dos gags máis memorables do artista, ademais de ser a derradeira película onde aparece o inesquecible personaxe de Charlot. Malia non ser un filme mudo, a película carece de diálogos. O son utilízase con intención cómica e expresiva e, por vez primeira, Charlot dexa oír a súa voz cantando nun idioma inintelixible "Je cherche après Titine" (Daniderff, 1917).
-
-
Cineclube Valle-Inclán
Tiempos modernos
- Ano:1936
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Charles Chaplin
- Fotografía: Rollie Totheroh, Ira Morgan
- Montaxe: Charles Chaplin, Willard Nico
- Produtora(s): United Artists